En que consiste

A Aula Local de Cooperación é o espazo de encontro e formación da Comunidade Expandida. O curso desenvolverase ao longo de tres meses de duración por medio de aulas teóricas e prácticas (nas que se traballará de xeito focal cos distintos grupos sectoriais: deportivos, culturais, veciñais, empresariais… da Comunidade Expandida). * A participación na Aula Local de Cooperación é gratuíta.

Como participar

Para completar o curso deberanse cursar as 20 horas teóricas (nas que se inclúen as 14 horas das Xornadas das Interdependencias) e 20 prácticas. Esta formación proporcionaralle ás persoas e asociacións participantes as ferramentas chave tanto para interpretar o mundo do S.XXI como para coñecer o sistema internacional de cooperación (e a súa ramificación galega) e finalmente conseguir formular un microproxecto de cooperación e deseñar un evento informativo sectorial a modo de traballo final de curso.

OBXECTIVOS xerais do curso Aula Local de Cooperación

  • Xerar capacidades para interpretar o mundo do século XXI e as súas interdependencias.
  • Coñecer o sistema internacional de cooperación, do sistema ONU á ramificación galega.
  • Manexar o Enfoque do Marco Lóxico (coma mecanismo para poder participar no sistema oficial de cooperación) e outras metodoloxías alternativas de formulación de proxectos sociais e de cooperación internacional.
  • Deseñar un microproxecto de cooperación internacional de maneira sectorial dende o local (en función das persoas e organizacións participantes definiranse os grupos sectoriais).
  • Diseñar e presentar publicamente un evento informativo sectorial.
  • Repensar o desevolvemento local e global, xunto ao papel da Cooperación Internacional dende os Dereitos Humanos.

 

Formulario de inscrición

Tipo de representación*


* Todos os campos obrigatorios

PROGRAMA do Curso Aula Local de Cooperación

Estrutura, contidos e metodoloxía

1º Módulo

APROXIMACIÓN TEÓRICA AO SISTEMA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL. Nocións básicas.
  1. OS DEREITOS HUMANOS E O SISTEMA INTERNACIONAL DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO. 21 de setembro.  (60 min).  Carlos Teijo García; é profesor de Dereito Internacional na Universidade de Santiago de Compostela. Coordinou a avaliación posterior do I Plan Director da Cooperación Galega 2006-2009 e actualmente fai parte da Rede Galega de Cooperación Universitaria.
  2. DOS ODM 2000-2015 (OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO DO MILENIO) AOS ODS 2015-2030 (OBXECTIVOS DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE): O EBDH (Enfoque Baseado nos Dereitos Humanos). 28 de setembro (60 min). Daniel G. Palau; é técnico do Igadi no proxecto #CooperaciónExpandida, foi técnico de sensibilización do Fondo Galego entre 2009 e 2011 e Secretario do Fondo Galego entre 2011 e 2015.
  3. CASO GALEGO: A COOPERACIÓN EN GALICIA. 28 setembro (60 min). Xosé Luis Pastoriza Rozas; é profesor convidado en Historia da Filosofía no Instituto Teolóxico Compostelano-Universidade Pontificia de Salamanca. Redactou o IV Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017, realizando previamente a avaliación do III Plan 2011-2014.
  4. CRISE DA SOCIOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO, POSTDESENVOLVEMENTO E ÉTICA DA COOPERACIÓN. 5 de outubro (60 min). Mari Armesto García; é técnica do Igadi no proxecto #CooperaciónExpandida, especializada na crise da socioloxía do desenvolvemento. Mestre en Estudos Africanos (Xestión do Desenvolvemento Social e Económico/ Cooperación Internacional/ Decrecemento) polo ISCTE-IUL Lisboa.
  5. O TECIDO SOLIDARIO DA CORUÑA E AS CONEXIÓNS INTERNACIONAIS DO CONCELLO DA CORUÑA. Pechakuchas: Mostra do traballo e experiencias solidarias da cidade por parte de organizacións profesionais do terceiro sector e colectivos informais. 19 de outubro (120 min). Tecido Solidario da Coruña. .

* As horas teóricas do curso complétanse coa participación nas 7 Xornadas das Interdependencias (danse máis detalles nas notas metodolóxicas formativas ao final deste documento).

2º Módulo

SEMINARIOS PRÁCTICOS- SEMINARIOS SECTORIAIS
  1. APROXIMACIÓN SECTORIAL POR GRUPOS Á COOPERACIÓN INTERNACIONAL: En función da conformación final das persoas e entidades participantes no curso realizaranse tantos seminarios específicos sectoriais coma grupos participen no curso (Cooperación deportiva, cultural, educativa, empresarial…). Nestes seminarios por grupos iniciarase a codefinición dos EVENTOS INFORMATIVOS SECTORIAIS e os MICROPROXECTOS EXPANDIDOS como traballos de final de curso.
    Os seminarios específicos realizaranse con cada un dos grupos na semana do 23 ao 27 de outubro. (120 min). Técnicos do Igadi.
  2. ABORDAXE PSICOSOCIAL, O HUMANO NO HUMANITARIO: IMPLICACIÓN CIDADÁ, APATÍA E TOMA DE CONCIENCIA: CHARLA E TALLER DE INTELIXENCIA COLECTIVA . 2 de novembro. (120 min). Antonio Bustillos; é doutor en Psicoloxía, sendo actualmente docente na UNED, participa no grupo de investigación Procesos Psicosociales y Salud en personas, grupos y organizaciones
  3. FERRAMENTAS E METODOLOXÍAS PARA A FORMULACIÓN DE PROXECTOS DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL: Enfoque do Marco Lóxico e outras metodoloxías alternativas. 9 de novembro (120 min) Enxeñería Sen Fronteiras Galicia; é unha asociación galega baseada no voluntariado transformador fundada en 1993. Atópase integrada en Ingeniería Sin Fronteras e tamén dentro da Coordinadora Galega de ONGDs. Entre os seus obxectivos está; a procura dunha sociedade mundial máis xusta e solidaria mediante a cooperación ó desenvolvemento, poñendo a tecnoloxía ó servizo do desenvolvemento humano.O seu coñecemento experto no deseño e formulación de proxectos é amplamente recoñecido. .
  4. MICROPROXECTOS EXPANDIDOS DA CORUÑA I. Deseño e formulación. 16 de novembro (120 min). Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. .
  5. MICROPROXECTOS EXPANDIDOS DA CORUÑA II. Deseño e formulación. 23 de novembro (120 min). Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
  6. MICROPROXECTOS EXPANDIDOS DA CORUÑA III. Deseño e formulación. 30 de novembro (120 min). Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
    .

3º Módulo

EVENTOS SECTORIAIS E PRESENTACIÓN DOS MICROPROXECTOS EXPANDIDOS 

Entre o 11 e o 19 de decembro realizaranse os Eventos sectoriais de cooperación expandida (eventos informativos co-organizados entre os grupos sectoriais participantes do curso e o Igadi). A lóxica dos Eventos procura a multiplicación dos impactos no tecido sectorial da Coruña, dende a propia localización ao proceso de preparación dos mesmos. O número e as temáticas dos eventos de presentación dos microproxectos dependerá da conformación final dos participantes no curso Aula Local de Cooperación.

O 19 de decembro os grupos sectoriais deberán entregar os seus traballos finais aos responsables do Curso Aula Local de Cooperación, para o 21 de decembro dar por finalizada a Aula Local de Cooperación coa festa de final de curso nun evento aberto á cidadanía.

Notas metodolóxicas sobre a formación teórica e práctica

  • As horas teóricas do curso Aula Local de Cooperación completaranse coa asistencia ás XORNADAS DAS INTERDEPENDENCIAS: 7 xornadas abertas á cidadanía da Coruña con pensadoras e pensadores galegxs e internacionais de referencia: 1. SISTEMA MUNDO e COOPERACIÓN INTERNACIONAL, 10 de Outubro. 2. GOBERNANZA, CONFLITOS E SEGURIDADE, 17 de Outubro. 3. INFORMACIÓN , DESINFORMACIÓN e SOCIEDADE CIVIL, 24 de Outubro. 4. MIGRANTES e REFUXIADAS, 31 de Outubro. 5. FEMINISMO, PATRIARCADO e MINORÍAS, 7 de Novembro. 6. AMBIENTE, ENERXÍA e CRISE ECOLÓXICA, 14 de Novembro. 7. ALTERNATIVAS, OUTROS MODELOS COOPERACIÓN INTERNACIONAL, 21 de Novembro.
  • Todos os contidos apoiaranse nun forte soporte visual e por pequenos resumos e recursos previos e posteriores a cada xornada que axuden á comprensión dos coñecementos necesarios para superar a formación.
  • O deseño dos eventos informativos sectoriais e os microproxectos deberán levar aparellados de maneira preceptiva o enfoque de xénero e de sustentabilidade.
  • As ferramentas metodolóxicas propostas para a formulación dos microproxectos irán dende as máis estándares até as máis alternativas en consonancia co tipo de proxecto pretendido e a criterio entre os formadores e o grupo sectorial. (Dos máis estándares ós que se apoian en enfoques máis alternativos; Marco Lóxico, Plans de incidencia, Plans de sensibilización, DIP, Inspiración EduPunk, Espíritu DIY, Educación Expandida, Planning for Real, Estratexias personalizadas, etc.)
  • Durante a formación e acompañamento dos microproxectos adicarase especial atención a cuestións como a Participación, a comunicación e o financiamento nos proxectos de cooperación internacional.
  • O Igadi, como grupo promotor, estará dispoñible para os participantes ao longo de todo o proceso formativo mediante titorías e outras canles de acompañamento.

Horario e localización

As sesións do 1º e 2º módulo do curso realizaranse todos os xoves entre as 19:30h e as 21:30h no Edificio da Normal – Universidade da Coruña (Paseo de Ronda 47, A Coruña).

 As Xornadas das Interdependencias realizaranse os martes entre o 10 de outubro e o 21 de novembro ás 20:00h no Salón de Actos do Centro Cívico dos Mallos (Avda. de Arteixo 147, A Coruña)

Número de horas

40h totais:

20h teóricas, 1º Módulo da Aula Local de Cooperación  e as 7 Xornadas das Interdependencias

20h prácticas, das cales 12h realizaranse por medio do 2º Módulo -Seminarios específicos e 8h por medio da organización práctica dos Eventos informativos sectoriais e a presentación pública final dos microproxectos, que serán apoiados polo Igadi por medio de titorías semanais a disposición das persoas e entidades participantes.