En que consisten

Serán encontros abertos á toda a cidadanía da Coruña e área metropolitana. Celebraranse entre o 29 de agosto e o 7 de setembro en localizacións expandidas da cidade (diferentes Centros Cívicos). O Igadi presentará gráficamente o concepto do proxecto e o marco xeral dos ODS 2015-2030.
Serán pequenas actividades de sensibilización en si mesmas, comunicables e co horizonte de ser participativas, servindo a súa vez de chamada pública á participación na Comunidade expandida: realizando a formación –Aula Local de Cooperación.

Como participar

Todos os encontros comezarán as 19.15h:
29 Agosto, Centro Cívico dos Mallos.
31 Agosto, Centro Cívico de San Diego.
5 Setembro, Centro Cívico de Labañou.
7 Setembro, Centro Cívico de Montealto.
Se vos presta, se tedes interese en comezar a enredar por un mundo máis xusto e igualitario, no diario, dende o local e cara o internacional, achégate ós nosos encontros expandidos, propoñémosche unha maneira sinxela e gratuíta. Contamos co voso colectivo, contamos contigo, para deixar de queixarnos, comprender e actuar. Comezamos!!
Sexa o que sexa o que podes facer, ou que soñas que poderías facer, comeza a facelo agora mesmo. A ousadía é creativa, poderosa e máxica.¨— W.H Murray