​Chega a 2ª Xornada das Interdependencias: “Gobernanza, conflitos e seguridade”

 

– As Xornadas teñen a súa segunda cita este MARTES 17 DE OUTUBRO ás 20:00 no Centro Cívico dos Mallos.

As intervencións xirarán arredor das relacións entre a seguridade humana, a cooperación internacional e as desigualdades sociais. Contaremos na Coruña co Codirector do Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria (IECAH) Jesús Núñez Villaverde, os investigadores do ISCTE-IUL (Centro de Estudos Internacionais do Instituto Universitário de Lisboa) Ana Larcher Carvalho e Ullrich Schieffer e o asesor de construción da paz na Oficina do Coordinador Residente de Nacións Unidas en Colombia Mariano Aguirre. A Concelleira de Xustiza social e coidados, Silvia Cameán exercerá de moderadora da mesa.

As Xornadas das Interdependencias coma parte do proxecto de participación cidadá en cooperación internacional “Cooperación Expandida: A nosa cidade no S.XXI, a nosa cidade cos Dereitos Humanos” son abertas e gratuítas. Realízanse todos os MARTES ás 20:00 no Centro Cívico dos Mallos, desde o pasado 10 de OUTUBRO até o 21 de NOVEMBRO; contando con activistas e pensadores galegxs e internacionais.

A Cooperación Expandida é unha experiencia colectiva para a cidadanía da Coruña no contexto da axenda internacional das Nacións Unidas 2015-2030 (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) e a crise de persoas migrantes e refuxiadas. O proxecto é promovido polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional co patrocinio e colaboración do Concello da Coruña ata finais deste 2017.