A formación Aula Local de Cooperación realizarase na Normal, espazo de intervención sociocultural da Universidade da Coruña

Froito da colaboración entre o Igadi e o Esomi (Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais) no marco do proxecto Cooperación Expandida definiuse a –Normal coma o espazo de referencia para a formación Aula Local de Cooperación.

A formación realizarase entre o 21 de setembro e o 21 de decembro, coma experiencia formativa especialmente práctica arredor da cooperación internacional dirixida á cidadanía e a todo o tecido asociativo da cidade.

A Normal encóntrase no Paseo de Ronda 47,15011, A Coruña.