Achégate o xoves 19 de outubro a coñecer experiencias do tecido solidario da Coruña: PechaKuchas para unha Cooperación Expandida

Na tarde do xoves 19 de outubro organizamos ás 19:00 no salón de actos da Fundación Paideia (María Pita 17) “Pechakuchas para unha Cooperación Expandida: Todas temos un papel”.

A actividade é aberta á cidadanía e á sociedade civil da Coruña e parte da formación do núcleo central do proxecto (a Aula Local de Cooperación) para dar a coñecer o traballo de 12 entidades do tecido solidario e internacionalista da cidade; por medio de presentacións visuais rápidas e concisas, os internacionalmente coñecidos coma PechaKucha.

Achégate, todas temos un papel, desde o noso, desde o día a día!

As entidades que presentarán o seu traballo son: