Convócanse os Encontros Expandidos!

Serán catro citas abertas a toda a cidadanía da Coruña, onde ademais da presentación do proxecto e as vías de participación co mesmo, abrirase un diálogo coas persoas e entidades participantes en relación ao seu papel na cooperación internacional e as posibilidades que desde o local temos para construír alternativas concretas con impacto global.

Na última semana de agosto serán o martes 29 no Centro Cívico dos Mallos e o xoves 31 no Centro Cívico de San Diego. Na primeira semana de setembro tamén teremos dúas citas, o martes 5 no Centro Cívico de Labañou e o xoves 7 no Centro Cívico de Monte Alto.

Todos os Encontros Expandidos iniciarán ás 19:15. Podes acudir a calquera deles de maneira individual ou representando a túa entidade.