O Centro Cívico de San Diego acolle os “cuarteis xenerais” do proxecto Cooperación Expandida

Froito da colaboración entre o Concello da Coruña e o Igadi (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) no marco do proxecto “Cooperación Expandida: A nosa cidade no S.XXI, a nosa cidade cos Dereitos Humanos” as persoas responsables do mesmo traballan diariamente desde o Centro Cívico de San Diego, no terceiro andar, despacho nº7.

O equipo do Igadi instalouse en San Diego a comezos do mes e xullo e coordinará as actividades do proxecto desde aí até a finalización do mesmo, en decembro, na véspera das festas do Nadal, onde as persoas e as entidades participantes no curso Aula Local de Cooperación organizarán eventos sectoriais de cooperación e presentarán o deseño dos seus microproxectos á cidadanía nunha festa final o 21 de decembro.