O tecido solidario da Coruña participa na Convocatoria aberta de presentación do proxecto

O equipo da Cooperación Expandida convocou ao tecido solidario da Coruña a unha xuntanza aberta de presentación da Cooperación Expandida o pasado 20 de xullo no Centro Cívico da Cidade Vella. O proxecto identifica coma tecido solidario principalmente ás ONG para o Desenvolvemento, mais tamén a colectivos internacionalistas e de promoción dos Dereitos Humanos presentes no Concello, formais e informais.

Ademais da presentación, a convocatoria procuraba presentar as vías de colaboración entre o tecido solidario e o proxecto para axudar na expansión do mesmo entre a sociedade civil e a cidadanía, co obxectivo de aumentar os públicos tradicionais de apoio ás políticas locais de cooperación internacional e promoción dos Dereitos Humanos.

Na xuntanza participaron presencialmente 13 entidades: Enxeñería sen Fronteiras, Manos Unidas, Ecodesarrollo Gaia, Entrenós Dixital, ATTAC, Arquitectura sen Fronteiras, Paz e Solidariedade (CCOO), Solidariedade Internacional de Galicia, Solidariedade Galega, Solidariedade Galega, Terra de Homes, Oxfam Intermon A Coruña, Ecos do Sur e SOS Racismo.

Ademais das entidades participantes, outras 10 amosaron a vontade de seguir conectadas ao proxecto; Farmamundi, Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, Fundación Meniños, EDUCO, Acampa, ACCEM – Asociación Comisión Católica Española Migración, ICUS – Instituto de la Caridad Universal Solidaria A Coruña, Asociación Amigosmira, Ecos do Sur e Viraventos. O Igadi mantén tamén unha ponte de comunicación coa Coordinadora Galega de ONGD.