O 21 de decembro pechamos o ano coa FESTIÑA da Cooperación Expandida!

Para celebrar que É POSIBLE participar desde o local en cooperación internacional o XOVES 21 de decembro temos  a FESTIÑA da Cooperación Expandida; aberta a toda a cidadanía da Coruña desde as 21:00 na Sala Mardi Gras (Travesía Torre, 8, 15002 A Coruña).

A festiña serviranos ademais para entregar os diplomas ás persoas e entidades participantes do curso Aula Local de Cooperación e realizar un videomatón onde todas as persoas que o desexen poderán deixar a súa opinión sobre a experiencia colectiva que o proxecto Cooperación Expandida propuxo á cidadanía e entidades do tecido solidario da Coruña.

Ademais contaremos con petiscos, o DJ Isaac Peces e un par de pases das fantásticas Las Antonias.

Estades todas convidadas!