• Charlie Chaplin, O Grande Ditador

    “A voracidade envelenou a alma dos homes, rodeou o mundo cun círculo de odio. Melloramos a velocidade mais somos escravos dela. (...) Vostedes, o pobo, tedes o poder para crear esa vida libre e espléndida, para facer desta vida unha radiante aventura. Entón, en nome da democracia, utilicemos ese poder, unámonos todos!”
  • Malala Yousafzai

    "Non queremos políticos que tomen todas as súas decisións co único obxectivo de impoñer as súas ideoloxías, o que queremos é que escoiten á xente". Palabras ante o director do Banco Mundial"
  • Gabriel García Márquez

    “Os seres humanos non nacen para sempre o día en que súas nais os dan a luz, senón que a vida os obriga a parirse a si mesmos unha e outra vez”
  • Margaret Mead

    "Nunca dubides que un pequeno grupo de cidadáns pensantes e comprometidos poden cambiar o mundo. De feito, son os únicos que o lograron"
  • Peter Ustinov

    ¨Se o mundo acabara voándose a si mesmo, a última voz audible sería a de un experto afirmando que tal cousa é imposible¨
  • Eric Cantona

    “Creamos guerras por razóns económicas e entón a xente escapa dos seus países porque nós creamos caos e nin sequera nos preocupamos por recibilos”

QUE É?

Baseada na educación para a cidadanía global e crítica cos modelos tradicionais de cooperación, a #CooperaciónExpandida é unha experiencia colectiva arredor da cooperación internacional no marco da nova axenda internacional das Nacións Unidas; os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2015-2030 e a crise de persoas migrantes e refuxiadas.

O obxectivo é rachar as barreiras do público tradicional na defensa das políticas de cooperación, implicando á sociedade civil do Concello da Coruña e xerando mudanzas colectivas cun relato propio centrado nas posibilidades de cooperar dende o local.

Con quen?

A #CooperaciónExpandida contando coa complicidade do tecido solidario do Concello da Coruña quere achegarse a públicos tradicionalmente non participativos no eido da cooperación: desde as asociacións veciñais, deportivas, culturais, aos centros educativos, medios de comunicación, empresas… ofrecéndolles a posibilidade de coñecer, participar e formarse nesta área.

Propón, por en valor o capital social/relacional xa presente no municipio e vinculalo coa cooperación internacional de código aberto, banda ancha. Atrær e involucrar a todo o tecido social coruñés.

Para que?

A #CooperaciónExpandida nace para impulsar procesos comunitarios de reflexión e toma de conciencia que puxen por unhas relacións internacionais máis xustas. É unha aposta intencionada por enrolar á cidadanía nas problemáticas globais e os Dereitos Humanos desde o local, promovendo a súa participación e protagonismo dentro do sistema internacional de cooperación. Quere emponderar ao tecido social da Coruña na comprensión dos procesos globais, das interconexións e causas primeiras da pobreza, da ausencia de dereitos humanos, dos conflitos, etc e vigorizar dende a consciencia destas complexidades ó seu papel activo no mundo na procura dunha xustiza social universal.

Como e cando participar?

As actividades públicas da #CooperaciónExpandida desenvolveranse entre o 21 de xullo e o 21 de decembro de 2017 en distintas localizacións do Concello da Coruña, nas redes sociais do proxecto e no espazo dixital www.cooperacionexpandida.org.

Asinando e difundindo o Manifesto da Cooperación Expandida xa ben coma persoa individual ou coma entidade…
Entre o 29 de agosto e o 7 de setembro
Participando nos Encontros expandidos de presentación do proxecto, que terán lugar en distintos lugares da cidade…

Entre o 21 de setembro e o 21 de decembro
Participando na Aula Local de Cooperación, unha oferta formativa de calidade, particularmente práctica e núcleo central do proxecto e da expansión na cidade...
  • Darase prioridade á participación en nome dalgunha entidade/colectivo ou asociación na idea multiplicadora do proxecto...
  • O curso é gratuito e as prazas limitadas…
  • Organizada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (www.igadi.org) en colaboración coa Universidade da Coruña.
  • #AprenderFacendo: Tes até o 15 de setembro para inscribirte!

  • Os martes, entre o 10 de outubro e o 21 de novembro
    Acudindo e difundindo as Xornadas das Interdependencias.
    Entre o 11 e o 21 de decembro
    Acudindo e apoiando os Eventos informativos sectoriais de cooperación internacional e a presentación dos microproxectos coma traballos finais prácticos dos grupos participantes da Aula Local de Cooperación.
     

    Cambia A Coruña
    e cambia o mundo

    A cooperación expandida comeza no verán e acaba no nadal.