No marco da actual crise de persoas migrantes e refuxiadas e a nova axenda internacional 2015-2030 aprobada pola ONU no 2015 (Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable), a Cooperación Expandida quere preparar á cidadanía para a comprensión deste tipo de fenómenos que evidencian a interdependencia no planeta no S.XXI, da crise financeira global ao cambio climático, pasando pola permanente crise migratoria ou a fame crónica. Comprender as interdependencias e conexións do local ao global.

 

As temáticas das palestras estarán todas elas relacionadas con contidos obxecto de acción en cooperación internacional,  e as mesmas, decorrerán entre o 10 de outubro e o 21 de novembro de 2017, no Salón de Actos do Centro Cívico dos Mallos.

AS XORNADAS SON ABERTAS E GRATUÍTAS, PARTICIPA, ACUDE E AXUDA NA DIFUSIÓN!


Grandes eixos temáticos das Xornadas das Interdependencias 

1ª Xornada

SISTEMA MUNDO E COOPERACIÓN INTERNACIONAL
10 de Outubro

- Arcadi Oliveres, é presidente da Fundación Justicia i Pau, do Consello asesor de ATTAC e profesor de economía aplicada na Univerisdade Autónoma de Barcelona.

- María Reimóndez, é especialista en cooperación internacional e feminismos, escritora e tradutora, fundadora de Implicadas/os no Desenvolvemento.

- Pablo Martínez Oses, é especialista en Cooperación Internacional para o desenvolvemento, foi coordinador da Campaña Pobreza Cero e da Plataforma 2015 y + Actualmente é membro do colectivo "La Mundial" e socio da "Red española de estudios sobre desarrollo"

- Moderación: Rocío Fraga Sáenz; Concelleira de igualdade e diversidade do Concello da Coruña. Áreas de competencia: igualdade, colectivos minoritarios e minorizados, planificación familiar, loita contra a violencia de xénero e seguridade cidadá.

2ª Xornada

GOBERNANZA, CONFLITOS E SEGURIDADE
17 de Outubro

- Jesús Núñez Villaverde; é economista e militar (retirado), codirector do Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria (IECAH) e especialista en temas de seguridade, construción da paz e prevención de conflitos, con especial atención ao mundo árabe-musulmán.

- Ana Larcher Carvalho; é profesora e investigadora no Centro de Estudos Internacionais do Instituto Universitário de Lisboa (ISCTE-IUL) e especialista nos impactos da cooperación internacional na área da seguranza e da transformación agrária en África

- Ulrich Schiefer; é profesor e investigador no Centro de Estudos Internacionais do Instituto Universitário de Lisboa (ISCTE-IUL) onde é director do Doutoramento en Estudos Africanos.

INTERVENCIÓN POR SKYPE; - Mariano Aguirre; é xornalista e experto en conflitos internacionais, consolidación e mantemento da paz. Actualmente é asesor de construción da paz na Oficina do Coordinador Residente de Nacións Unidas en Colombia.

- Moderación: Silvia Cameán Calvete; Terceira tenente de alcalde e Concelleira de xustiza social e coidados do Concello da Coruña. Áreas de competencia: servizos sociais, educación e sanidade.

3ª Xornada

INFORMACIÓN, DESINFORMACIÓN E SOCIEDADE CIVIL
24 de Outubro

- Pascual Serrano é xornalista, foi fundador no 1996 da revista dixital www.rebelion.org. Actualmente é membro do Consello editorial de Mundo Obrero e da revista satírica El Jueves. Dirixe a colección –A Fondo da editorial AKAL.

- Óscar Valadares é analista e activista internacional, portavoz nacional do Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes. Tense especializado na análise e difusión da situación política e social no Oriente Próximo.

- Mariano E. Fernández é un dos socios fundadores da radio comunitaria Cuac FM (1996), na que segue a participar na Coordinadora de Organización, Administración e Estratexia. Exerce coma comunicador social, locutor e técnico de sonido desde 1995.

- Moderación: Claudia Delso Carreira; Concelleira de participación e innovación democrática do Concello da Coruña. Áreas de competencia: innovación democrática, participación cidadá, descentralización de distritos e barrios, mocidade, centro municipal de información xuvenil (CMIX), informática, interior, e innovación e desenvolvemento tecnolóxico.

4ª Xornada

MIGRANTES E REFUXIADAS
31 de Outubro

- Javier de Lucas; Catedrático de Filosofía do Dereito e Filosofía política no IDH (Instituto de Dereitos Humanos) da Universitat de València, do que foi fundador e primeiro director (2004) e é, de novo, director desde xuño de 2016.

- Cibrán Vázquez, Referente Provincial do Programa de Protección Internacional e Asilo de Cruz Vermella en A Coruña. É licenciado en económicas e Experto Universitario en Inmigración, Exclusión e Políticas de Integración Social

- Lía Álvarez Fouz; Avogada especialista en Protección Internacional. Actualmente traballa na ONG Accem en Coruña outorgando asesoramento legal e asistencia xurídica ás persoas solicitantes e beneficiarias de protección internacional residentes en A Coruña.

- Dunia Belhoucine; Activista LGTBIQ+ arxelina e solicitante de protección internacional.

- Moderación: Antía Pérez Caramés; Doutora en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Actualmente é Profesora Contratada Doctora no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración da Universidade da Coruña e Coordinadora do Máster Oficial en Migraciones Internacionales (MOMI).


As Xornadas das Interdependencias son abertas a toda a cidadanía, mais a súa vez serán 14 das 20 horas teóricas do Curso Aula Local de Cooperación.